Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, tentada esta, non se puidese efectuar…», mediante este anuncio infórmanse as persoas afectadas pola expropiación, da consignación dos depósitos de prezo xusto dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTA e soterramento da LMT TRO703 CT San Paio-apoio A0NEBGQ419, no concello de Vigo, que figuran no cadro anexo.
Os interesados poderán solicitar o levantamento do depósito ante o Servizo de Coordinación Industrial da Dirección Territorial da Consellería de Economía e Industria en Vigo. Na solicitude deberán achegar una copia do seu DNI e un certificado da conta bancaria que acredite que figura como titular da conta na que se ingresará o depósito.
Vigo, 27 de setembro de 2024
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: IN407A 2022/373-4.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: LMTA e soterramento da LMT TRO703 CT San Paio-apoio A0NEBGQ419.
Concello: Vigo.
|
Predio |
Referencia catastral |
Titular |
Depósito prezo xusto |
|
1 |
6366924NG2766N0001PQ |
Descoñecido |
2024/54/431 |
