DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Mércores, 9 de outubro de 2024 Páx. 53989

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO de requirimento da xestión da biomasa.

De conformidade co artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e ante a imposibilidade de efectuar a notificación aos titulares dos bens que se relacionan a seguir, comunícaselles ás persoas responsables a súa obrigación legal de xestión da biomasa e retirada das especies arbóreas prohibidas nas parcelas sinaladas seguidamente, imposta polo artigo 22.1 da citada Lei 3/2007, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas:

Número de expediente

Referencia catastral

Parroquia

Titulares catastrais

2024/V001/000053

5296324NH4959N

Pastoriza

R.M.C.

En virtude do anterior, as persoas responsables dispoñen dun prazo máximo de quince (15) días naturais contado desde o día seguinte ao da publicación no BOE (Boletín Oficial del Estado) para o cumprimento voluntario da obrigación de xestión da biomasa nas parcelas citadas.

Transcorrido o devandito prazo, e en caso de persistencia no incumprimento, o Concello procederá á execución subsidiaria con repercusión á propiedade dos custos de xestión da biomasa e, se é o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da Lei 3/2007, anteriormente citada, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda.

Así mesmo, comunícaselles ás persoas responsables que o contido íntegro das notificacións, así como a totalidade do expediente administrativo, está á súa disposición no Departamento de Medio Ambiente do Concello de Arteixo.

Arteixo, 18 de setembro de 2024

O alcalde
P.D. (Decreto 2027/2023, do 21 de xuño)
Víctor Merelas García
Concelleiro especial de Medio Ambiente