No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 294, do 26 de decembro de 2022, publicáronse as bases que rexerán a convocatoria para prover as seguintes prazas:
Unha praza de encargada de biblioteca do cadro de persoal laboral fixo, para cubrir polo sistema de concurso, na quenda de libre/estabilización.
Unha praza de auxiliar de información xuvenil do cadro de persoal laboral fixo, para cubrir polo sistema de concurso, na quenda de libre/estabilización.
Dúas prazas de persoal de limpeza do cadro de persoal laboral fixo, para cubrir polo sistema de concurso, na quenda de libre/estabilización.
Dúas prazas de oficial de servizos varios do cadro de persoal laboral fixo, para cubrir polo sistema de concurso, na quenda de libre/estabilización.
Unha praza de técnico de turismo do cadro de persoal laboral fixo, para cubrir polo sistema de concurso, na quenda de libre/estabilización.
Dúas prazas de profesor da escola de música do cadro de persoal laboral fixo, para cubrir polo sistema de concurso, na quenda de libre/estabilización.
Unha praza de profesor da escola de música a tempo parcial do cadro de persoal laboral fixo, para cubrir polo sistema de concurso, na quenda de libre/estabilización.
Dúas prazas de profesor da escola de música a tempo parcial do cadro de persoal laboral fixo, para cubrir polo sistema de concurso-oposición, na quenda de libre/estabilización.
Unha praza de persoal de limpeza do cadro de persoal laboral fixo, para cubrir polo sistema de concurso-oposición, na quenda de libre/estabilización.
O prazo de presentación das solicitudes será de 20 días naturais, contados desde o seguinte á publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.
Meira, 2 de outubro de 2024
Antonio de Dios Álvarez
Alcalde
