Convocada pola Resolución do 8 de agosto de 2024, da Xerencia da Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de coordinador/a de servizo de atención primaria (DOG núm. 159, do 20 de agosto), de conformidade co previsto no Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde (DOG núm. 145, do 29 de xullo), e na Orde da Consellería de Sanidade do 24 de maio de 2006 pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde (DOG núm. 106, do 5 de xuño), e en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 145/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde (DOG núm. 208, do 27 de maio), e no Decreto 134/2019, do 10 de outubro, polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia (DOG núm. 204, do 25 de outubro), así como na Orde do 22 de abril de 2020 de delegación de competencias en órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servicio Galego de Saúde e na Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (DOG núm. 82, do 29 de abril), modificada pola Orde do 25 de maio de 2020 (DOG núm. 103, do 29 de maio), esta xerencia
DISPÓN:
Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dos postos de coordinador/a de servizo de atención primaria convocados pola Resolución do 8 de agosto de 2024 (DOG núm. 159, do 20 de agosto).
Segundo. Nomear, para os postos que se indican, as persoas relacionadas no anexo desta resolución.
Terceiro. As persoas aspirantes nomeadas deberán cesar na praza que desempeñen dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique esta resolución no Diario Oficial de Galicia.
A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos dous días hábiles seguintes ao de cesamento.
Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada da persoa interesada, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.
O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a consideración de servizo activo, percibíndose os correspondentes haberes de conformidade co que estableza a orde sobre confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.
Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.
Cuarto. Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, nos termos dos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Lugo, 2 de outubro de 2024
Ramón Ares Rico
Xerente da Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos
ANEXO
Posto de traballo: coordinador/a do Servizo de Atención Primaria de Meira.
Nome e apelidos: María de los Ángeles Martínez Veiga.
DNI (*): ***2390**.
Posto de traballo: coordinador/a do Servizo de Atención Primaria de Outeiro de Rei.
Nome e apelidos: María Pilar Pardo Roda.
DNI (*): ***1898**.
(*) O DNI amósase cifrado co fin de protexer os datos de carácter persoal.
