BDNS (Identif.): 789162.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):
Primeiro. Beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas axudas as asociacións de consumidores que estean legalmente constituídas e inscritas, no momento de publicarse esta resolución no Diario Oficial de Galicia, na Sección Xeral do Rexistro de Organizacións de Consumidores e Usuarios de Galicia a que se refire o Decreto 95/1984, do 24 de maio.
Segundo. Obxecto
As axudas reguladas nestas bases teñen por obxecto a realización por parte das asociacións de consumidores inscritas na sección xeral do Rexistro de Organizacións de Consumidores e Usuarios de Galicia dun programa de actividades de sensibilización, formación e divulgación en materia de sobreendebedamento coas especificidades que se establecen no artigo 2 destas bases reguladoras.
Terceiro. Bases reguladoras
Resolución do 27 de setembro de 2024 pola que se convoca e se regula a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva para o ano 2024, ás asociacións de persoas consumidoras da Comunidade Autónoma de Galicia para actividades de sensibilización, formación e divulgación en materia de sobreendebedamento (código de procedemento CO400C).
Cuarto. Importe
O Instituto Galego do Consumo e da Competencia concederá axudas ás asociacións de consumidores de Galicia por un importe total de 12.000 euros , con cargo á aplicación orzamentaria 09.80.613A.781.0 do orzamento do Instituto Galego do Consumo e da Competencia para o ano 2024.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación das solicitudes é de un mes, que comezará a contar desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2024
Gabriel Alén Castro
Director do Instituto Galego do Consumo e da Competencia
