DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Xoves, 10 de outubro de 2024 Páx. 54097

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2024, do Departamento Territorial de Ourense, pola que notifica a resolución sobre dereito de asistencia xurídica gratuíta, acordada pola Comisión Provincial de Xustiza Gratuíta de Ourense no expediente PR204A 2014/3333-3 e seis máis.

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236 do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan non anexo a resolución denegatoria da súa solicitude de dereito á asistencia xurídica gratuíta, acordada pola Comisión Provincial de Xustiza Gratuíta, ao non ser posible a súa notificación persoal por correo certificado. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, está á disposición das persoas interesadas no Departamento Territorial de Ourense, na avenida de La Habana, 79, 1º, 32004 Ourense.

Esta resolución poderá ser impugnada polas persoas que teñan un dereito ou interese lexítimo, dentro do prazo de dez días hábiles desde a publicación desta notificación. A impugnación realizarase por medio da presentación dun escrito dirixido á Comisión Provincial de Asistencia Xurídica Gratuíta de Ourense (avenida de La Habana, 79 1º, Ourense) e será resolta polo xulgado correspondente, que lle poderá impoñer, a quen a promovese de maneira temeraria ou con abuso de dereito, unha sanción pecuniaria de 30 a 300 euros.

O que se notifica de acordo coa normativa indicada.

Ourense, 26 de setembro de 2024

Beatriz Fernández Fernández
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Nº expediente

DNI/Equivalente

PR204A 2014/3333-3

44468824A

PR204A 2024/2736-3

Y4268442R

PR204A 2024/3413-3

34716509X

PR204A 2024/3696-3

34915553N

PR204A 2024/3801-3

76712342M

PR204A 2024/3810-3

77400358E

PR204A 2024/3862-3

76638750J