Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase a persoa titular que figura no anexo da data do depósito previo á ocupación que realiza a empresa beneficiaria en relación coa expropiación sobre o ben e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada substitución do CT Sanín-32C338, situada no concello de Ribadavia.
Así mesmo, e de acordo co artigo 29 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa, requíreselle para que presente ante o Departamento Territorial de Ourense, no prazo de vinte días (20) hábiles contados a partir do seguinte ao desta publicación no Boletín Oficial de Estado (BOE), a súa folla de valoración, na que concretará de xeito motivado o valor en que estima a servidume imposta e alegar o que coide conveniente ao seu dereito. A dita valoración poderá estar avalada pola sinatura dun perito.
Ourense, 30 de setembro de 2024
Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense
ANEXO
Relación de afectados descoñecidos, con enderezo ignorado ou non notificados
Nº de expediente: IN407A 2023/187-3.
Instalación: substitución do CT Sanín-32C338.
Concello: Ribadavia.
Empresa beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
|
Predio núm. |
Lugar |
Referencia catastral |
Titular |
Data do depósito previo |
|
1 |
Costoiras |
32070A027000720000YG |
Descoñecido/a |
19 de setembro de 2024 |
