Na sesión que tivo lugar o 4 de outubro de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 7 de maio de 2024 (DOG núm. 97, do 21 de maio) (corrección de erros do DOG núm. 99, do 23 de maio), modificada pola Resolución do 27 de maio de 2024 (DOG núm. 107, do 4 de xuño), para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, nas categorías 3, 4, 5, 6, 9, 35 e 39 do grupo II do persoal laboral da Xunta de Galicia e do persoal laboral propio do Cixtec (grupo II),
ACORDOU:
Primeiro. Facer pública a baremación definitiva do concurso de méritos das categorías profesionais do persoal laboral da Xunta de Galicia do grupo II que se relacionan no anexo desta resolución, con indicación da puntuación obtida polas persoas aspirantes que foron baremadas de acordo coas regras contidas na base III.3 da convocatoria.
A puntuación definitiva obtida polas persoas baremadas figurará reflectida no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta
Segundo. De acordo co establecido na base IV.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpor recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de emprego público e administración de persoal, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2024
Víctor Gallego Vincent
Presidente do tribunal
ANEXO
Categorías do persoal laboral do grupo II en que se publica o baremo
definitivo
|
Categorías profesionais |
|
Cat. 39. Técnico/a forestal de defensa contra incendios forestais |
