En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:
Solicitante: Laura Meijide Cea.
DNI: ***6417**.
Expediente: DH.A15.99673.
Volume total anual: 590,70 m3/ano.
Caudal máximo instantáneo: 0,02 l/s.
Destino: rega.
Orixe: manancial.
Lugar: Fonxe.
Parroquia: Santa María de Arzúa (Santa María).
Concello: Arzúa.
Descrición do aproveitamento:
O aproveitamento solicitado consiste na captación das augas sobrantes dun manancial existente na parcela nº 216 do polígono 514, as cales discorren por un rego en dirección sureste, para entrar na parcela nº 215, onde se solicita empregar para regar por manta.
O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rúa Tomiño, nº 16, baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña), para facilitar esta consulta poderá solicitar cita previa no teléfono 981 54 49 27.
Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2024
Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica Galicia Centro
