O día 13 de setembro de 2024 o presidente de Portos de Galicia acordou iniciar o trámite da concesión administrativa solicitada por Barras Eléctricas Galaico-Asturianas de concesión administrativa no porto de Burela con destino á ocupación de dominio público portuario soterrado, en voo e en superficie, con destino á regularización de liñas eléctricas e centros de transformación CT 2886, avenida da Mariña, CT 9838, exp. Burela, e CT 4454 Ancares, para a subministración de electricidade (expediente 14-05-24-C-2), de acordo coa solicitude presentada polo concesionario.
O anterior faise público, para os efectos previstos no artigo 70 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Xefatura da Zona Norte, sitas na r/ Nicomedes Pastor Díaz, 13, 27001 Lugo, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Lugo, 23 de setembro de 2024
Antonio López Fernández
Xefe da Zona Norte
