Mediante este anuncio faise público que mediante la Resolución da directora territorial da Consellería do Mar de Vigo, do 20 de setembro de 2024, se autorizou a transmisión da titularidade do parque de cultivos mariños que a seguir se describe:
Identificación e localización: parcela número 682 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, concello de Vilagarcía de Arousa.
Superficie: 107,62 m2.
Data da resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22 de abril).
Remate da vixencia: 23.4.2029.
Especies autorizadas: ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa babosa (Venerupis corrugata), ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum), berberecho (Cerastoderma edule) e berberecho birollo (Cerastoderma glaucum).
Tipo de transmisión: inter vivos.
Actuais titulares: José Manuel Búa Rodríguez (***2151**) e Juana María Búa Rodríguez (***3262**).
Novo titular: Tomás Teijeiro Miguéns (***8546**).
O novo titular subrógase no prazo, nos dereitos e nas obrigas dos anteriores.
Condicións particulares baixo as que se autoriza a transmisión da titularidade: os titulares deberán achegar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, o orixinal ou copia cotexada do documento notarial da transmisión e o xustificante da liquidación do imposto de transmisións patrimoniais ou de sucesións e doazóns.
Vigo, 20 de setembro de 2024
María Elena Suárez Sarmiento
Directora territorial de Vigo
