De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles, ás persoas que se relacionan no anexo, a resolución do recurso de alzada interposto contra a resolución recaída no expediente tramitado no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia na provincia da Coruña, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.
Para coñecer o contido íntegro da resolución que se sinala no anexo a este anuncio, os interesados poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Dirección Xeral de Xustiza, sita na rúa Madrid, 2-4, 2º, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Este anuncio publícase para que conste e lles sirva de notificación ás persoas interesadas en cumprimento do disposto no artigo 44 e 46 a Lei 39/2015, do 1 de outubro. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
Así mesmo, ponse en coñecemento das persoas interesadas que a resolución relacionada no anexo esgota a vía administrativa e que poderán interpor recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo correspondente, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa notificación, e sen prexuízo de que poidan presentar calquera outro recurso que consideren conveniente.
Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2024
José Tronchoni Albert
Director xeral de Xustiza
ANEXO
|
Expediente |
NIF/NIE/Pasaporte |
Acto notificado |
|
AC-2024/000288 |
76932463Q |
Resolución do recurso de alzada |
|
RD7269088 |
