DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Martes, 15 de outubro de 2024 Páx. 54644

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 7 de outubro de 2024 pola que se modifica a composición do tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario da Xunta de Galicia, na escala de persoal subalterno e na escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais.

Unha vez presentada a renuncia dunha vogal suplente do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario da Xunta de Galicia, na escala de persoal subalterno e na escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG número 244, do 26 de decembro), modificada polas resolucións do 20 de xaneiro de 2023 (DOG número 15, do 23 de xaneiro) e do 6 de febreiro de 2023 (DOG número 26, do 7 de febreiro), e de conformidade co establecido nas bases da dita convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Aceptar a renuncia presentada por María Carmen Baleato Pazos como vogal suplente do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario da Xunta de Galicia, na escala de persoal subalterno e na escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais.

Segundo. Nomear no seu lugar como vogal suplente do dito tribunal a María Leonor Santiso Quintela, funcionaria do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2.

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2024

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG número 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal