Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio infórmase da presentación das follas de valoración da entidade beneficiaria, no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMT SNT824 entre apoios ABXLOE8W//103 y AC5I926G//106, no concello de Boqueixón, correspondentes ao predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
O texto íntegro das referidas follas de valoración atópase ao dispor das persoas interesadas na sede do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, situada no Edificio Administrativo de Monelos, na rúa Vicente Ferrer, 2-2º, 15008 A Coruña, na Sección de Expropiacións (solicitando cita previa no teléfono de contacto 981 18 49 11), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As ditas persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días, a partir da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para solicitar a remisión das correspondentes valoracións ao enderezo que sinalen.
Transcorrido o prazo de dez días indicado no parágrafo anterior sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A Coruña, 2 de outubro de 2024
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2022/42-1.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución, S.A.
Concello: Boqueixón.
|
Predio |
Titular |
Motivo |
|
2 |
Carmen Pian Mareque |
A notificación postal foi devolta por Correos |
