DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Martes, 15 de outubro de 2024 Páx. 54660

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 3 de outubro de 2024, do Departamento Territorial da Coruña, de comunicación da data de ocupación e requirimento da folla de valoración por expediente de expropiación, no concello de Valdoviño (expediente IN407A 2022/398-1).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase da data de ocupación e requirimento da folla de valoración, no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada novo tramo de LMT, CT Rural e RBT de Montefaro, no concello de Valdoviño (expediente IN407A 2022/398-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

A copia da acta e do depósito previo está á disposición das persoas interesadas na sede do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, situada no Edificio Administrativo de Monelos, na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º, 15008 A Coruña, na Sección de Expropiacións (solicitando cita previa no teléfono de contacto 981 18 49 11), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As ditas persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días, a partir da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para solicitar a remisión dos ditos documentos ao enderezo que sinalen.

Transcorrido o prazo de dez días indicado no parágrafo anterior sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 3 de outubro de 2024

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2022/398-1.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: novo tramo de LMT CT Rural e RBT de Montefaro.

Concello: Valdoviño.

Predio

Referencia catastral

Titularidade proposta

Data da ocupación

1

15088A502009580000GH

Descoñecido

21.10.2024