DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Martes, 15 de outubro de 2024 Páx. 54681

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO da convocatoria dunha praza de capataz/a de obras e servizos.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 156, do 14 de agosto de 2024, publicáronse integramente a convocatoria e as bases que rexerán o proceso selectivo, polo procedemento de concurso-oposición, en quenda restrinxida de promoción interna, para a cobertura en propiedade dunha praza de persoal laboral fixo do posto de capataz/a de obras e servizos, incluída na OEP 2024.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta praza publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no taboleiro de edictos do Concello de Arteixo (A Coruña).

Arteixo, 9 de setembro de 2024

Carlos Calvelo Martínez
Alcalde presidente