De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar a notificación persoal dúas veces, emprázanse as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia.
Por tanto, por medio deste anuncio os actos administrativos ditados en relación cos procedementos sancionadores en materia de tenza de animais potencialmente perigosos (Lei 50/1999, do 23 de decembro, do réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos (BOE núm. 307, do 24 de decembro) sonlles notificados ás persoas indicadas no anexo.
Para o coñecemento íntegro de tal acto e constancia deste, as ditas persoas interesadas poderán comparecer no prazo e lugar que se sinalan a continuación:
– No prazo de dez (10) días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).
– Na sede deste servizo provincial, situada na rúa Vicente Ferrer, nº 2, 8ª andar, ala sur, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Logo de transcorrer o devandito prazo sen que se efectúe a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.
A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.
A Coruña, 3 de outubro de 2024
María Pilar Arias Graña
Directora territorial da Coruña
ANEXO
|
Expediente |
Persoa interesada/DNI/NIE/ NIF |
Acto de notificación |
|
ANP-CO-0001/2024-V |
DNI 52933280-E |
Proposta de resolución |
|
ANP-CO-0002/2024-V |
DNI 45866526-H |
Proposta de resolución |
