O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, en data do 10 de setembro de 2024, acordou a incoación do expediente sancionador e de restitución e reposición da legalidade CO-0021-2024 e a instrutora do servizo de Inspección Urbanística I formulou prego de cargos no mesmo expediente.
Ao non poder realizarse a notificación persoal ao interesado con documento nacional de identidade número 44842095F, mediante o presente anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle ao interesado a devandita incoación e prego de cargos por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.
Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da incoación e prego de cargos que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.
O interesado disporá dun prazo de quince (15) días, contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza a notificación deste anuncio, para presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que pretendan valerse.
Para que conste, e lle sirva de notificación ao destinatario arriba indicado, en cumprimento co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.
Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2024
María Victoria Núñez López
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística
