DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Mércores, 16 de outubro de 2024 Páx. 54932

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Culleredo

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa (UME/2023/434).

Ao non ser posible a práctica de comunicación aos titulares das referencias catastrais que se relacionan a continuación por causas non imputables a esta administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública comunicación de xestión de biomasa co fin de que no prazo de quince (15) días, que comezarán a contarse desde o día seguinte ao da publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado (BOE), os interesados no procedemento procedan á xestión da biomasa, segundo o establecido nos artigos 135 e 136 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 21 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, así como á retirada de especies arbóreas prohibidas a que se refire o artigo 22 da citada lei.

A eficacia do acto notificado quedará demorada ata a publicación do pertinente anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Así mesmo, ponse en coñecemento da persoa responsable que o contido íntegro da citada notificación, así como da totalidade do expediente administrativo, está á súa disposición nas oficinas municipais do Concello de Culleredo (Área de Medio Ambiente, Servizos e Obras), situadas na rúa do Concello, nº 12, das 9.00 ás 14.00 horas, os días laborables, de luns a venres.

Núm. de expediente

Referencia catastral

Localización

Propietario

UME/2023/434

15031A013002370000OL

O Bosque-Rutis

Descoñecido

Culleredo, 26 de setembro de 2024

José Ramón Rioboo Castro
Alcalde presidente