DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Xoves, 17 de outubro de 2024 Páx. 55024

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

EXTRACTO da Orde do 9 de outubro de 2024 pola que se publica a reasignación dos créditos orzamentarios recollidos na Orde do 25 de xuño de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para fomentar a innovación, a mellora tecnolóxica e a competitividade no sector da acuicultura, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento PE205I).

BDNS (Identif:): 772185.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da orde de ampliación de crédito cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Artigo único

Primeiro. Reaxústanse as anualidades previstas na aplicación 46.02.723A.770.3 do proxecto 2023 00189, sen incrementar o orzamento total da convocatoria, minorando a anualidade 2024 en 280.000,00 euros e incrementando o mesmo importe na anualidade 2025. Os créditos quedarían coa seguinte distribución plurianual:

Aplicación orzamentaria

Proxecto

Ano 2024

Ano 2025

Total

46.02.723A.770.3

2023 00189

148.571,00 €

680.000,00 €

828.571,00 €

Segundo. A publicación desta orde non supón a apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes.

Disposición derradeira única

Esta orde producirá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2024

Marta Barreiro Castro
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar