No Diario Oficial de Galicia número 153, do 8 de agosto de 2024, publícase a Orde do 24 de xullo de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de estadías formativas en entidades e empresas vinculadas a sectores económicos estratéxicos de Galicia, destinados ás persoas mozas inscritas e beneficiarias do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciados pola Unión Europea no marco do programa FSE + Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para os anos 2024/2025 (programa Xuventude Mentoring na Empresa, código de procedemento BS324D).
Esta orde ten por obxecto establecer o procedemento de concesión de subvencións para a posta en marcha de programas de estadías formativas para persoas mozas en empresas ou entidades públicas ou privadas, vinculadas a sectores económicos estratéxicos de Galicia (programa Xuventude Mentoring na Empresa 2024/2025).
O procedemento de concesión das subvencións será en réxime de concorrencia competitiva e conforme os principios de publicidade, transparencia, igualdade e non discriminación.
A finalidade destes programas é reforzar a empregabilidade e as habilidades e competencias profesionais das persoas mozas inscritas no SNGX, non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación, contribuíndo á mellora da súa formación mediante a adquisición de experiencia profesional para a súa incorporación ao mercado de traballo.
De conformidade coa disposición adicional segunda, apróbase a delegación de atribucións do conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude na persoa titular da dirección xeral con competencias en materia de xuventude, para resolver a concesión, denegación, modificación ou outras incidencias das axudas previstas nesta orde, así como para autorizar e dispoñer os gastos, o recoñecemento das obrigas e a proposta de pagamento, en relación co disposto no artigo 73.a) do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.
Así mesmo, o artigo 19 da orde indica que corresponde á persoa titular da dirección xeral competente en materia de xuventude, por delegación do conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, previa proposta do órgano instrutor e da fiscalización pola Intervención, a competencia para a adxudicación das axudas mediante a correspondente resolución. Esta resolución será notificada de conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, no prazo máximo de catro meses contados desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. A publicación da resolución terá os efectos de notificación.
Así mesmo, a resolución definitiva coa relación de entidades beneficiarias, excluídas, desestimadas, listaxe de espera e renuncias será obxecto de publicidade, con carácter complementario, na páxina web da dirección xeral competente en materia de mocidade, http://xuventude.xunta.es
Unha vez instruído o procedemento e tras a proposta de resolución, con data do 8 de outubro de 2024 o órgano competente emite a resolución das subvencións convocadas.
Por todo o exposto,
RESOLVO:
Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 8 de outubro de 2024, de concesión de subvencións destinadas á realización de programas de estancias formativas en entidades e empresas vinculadas a sectores económicos estratéxicos de Galicia, destinados ás persoas mozas inscritas e beneficiarias do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciados pola Unión Europea no marco do programa FSE + Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para os anos 2024/2025 (programa Xuventude Mentoring na Empresa, código de procedemento BS324D).
Segundo. Comunicar que a Resolución do 8 de outubro de 2024 pon fin a este procedemento e esgota a vía administrativa. Contra ela poderá interpoñerse o recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2024
Lara del Carmen Meneses Álvarez
Directora xeral de Xuventude
ANEXO
Resolución do 8 de outubro de 2024 de concesión de subvencións destinadas á realización de programas de estadías formativas en entidades e empresas vinculadas a sectores económicos estratéxicos de Galicia, destinados ás persoas mozas inscritas e beneficiarias do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciados pola Unión Europea no marco do programa FSE + Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para os anos 2024/2025 (programa Xuventude Mentoring na Empresa, código de procedemento BS324D)
Vista a proposta de Resolución do 4 de outubro de 2024 de concesión de subvencións destinadas á realización de programas de estadías formativas en entidades e empresas vinculadas a sectores económicos estratéxicos de Galicia, destinados ás persoas mozas rexistradas e beneficiarias do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciados pola Unión Europea no marco do programa FSE + Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para os anos 2024/2025 (programa Xuventude mentoring na empresa, código de procedemento BS324D) (DOG núm. 153, do 8 de agosto de 2024)
Antecedentes de feito:
1. O 8 de agosto de 2024 publícase no DOG núm. 153 a Orde do 24 de xullo de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de estadías formativas en empresas ou entidades vinculadas a sectores económicos estratéxicos de Galicia, destinados ás persoas mozas inscritas e beneficiarias do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciados pola Unión Europea no marco do Programa FSE + Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para os anos 2024/2025 (programa Xuventude Mentoring na Empresa, código de procedemento BS324D).
Esta orde ten por obxecto establecer o procedemento de concesión de subvencións para a posta en marcha de programas de estadías formativas para persoas mozas en empresas ou entidades públicas ou privadas, vinculadas a sectores económicos estratéxicos de Galicia.
2. Recíbense 22 solicitudes das cales 20 solicitudes son de entidades privadas sen ánimo de lucro e 2 solicitudes de concellos galegos, mancomunidades de concellos ou entidades públicas dependentes ou vinculadas a un concello.
Unha vez examina a documentación compróbase que todas as solicitudes se presentaron en prazo e forma e que cumpren os requisitos e coa documentación exixida na Orde do 24 de xullo de 2024.
3. Os días 23 e 30 de setembro de 2024 a Comisión de avaliación asinou as actas en que se recollen as avaliacións das solicitudes admitidas a trámite segundo os criterios do artigo 18.
4. Como resultado da aplicación dos criterios de avaliación obtívose unha relación ordenada de todas as solicitudes que cumpren coas condicións establecidas nas bases para adquirir a condición de entidade beneficiaria, con indicación da puntuación outorgada en cada unha delas, así como a lista de agarda (anexos I, II e III).
Fundamentos xurídicos:
1. A Orde do 24 de xullo de 2024 establece as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de estancias formativas en entidades e empresas vinculadas a sectores económicos estratéxicos de Galicia, destinados ás persoas mozas rexistradas e beneficiarias do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciados pola Unión Europea no marco do programa FSE + Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para os anos 2024/2025 (programa Xuventude mentoring na empresa, código de procedemento BS324D).
Esta orde ten por obxecto establecer o procedemento de concesión de subvencións para a posta en marcha de programas de estadías formativas para persoas mozas en empresas ou entidades públicas ou privadas, vinculadas a sectores económicos estratéxicos de Galicia (programa Xuventude Mentoring na Empresa 2024/2025).
Estas axudas estarán cofinanciadas nunha porcentaxe do 60 % pola Unión Europea no marco do Programa FSE + Galicia 2021-2027, obxectivo político: 4. Unha Europa máis social e inclusiva, por medio da aplicación do piar europeo de dereitos sociais; prioridade: 5. Emprego xuvenil; obxectivo específico: ESO4.1. Mellorar o acceso ao emprego e a medidas de activación de todos os demandantes de emprego, e, en particular das persoas mozas, especialmente a través da aplicación da Garantía Xuvenil, dos desempregados de longa duración e os grupos desfavorecidos no mercado laboral, e das persoas inactivas, así como mediante a promoción do emprego por conta propia e a economía social; medida 5.A.05. Prácticas formativas en países europeos ou en Galicia.
2. Para o financiamento destas subvencións, existe crédito suficiente e adecuado na Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024, cunha contía total de 1.500.000 euros (código de proxecto 2023 00133).
A distribución inicial de créditos fíxase do seguinte xeito por aplicación e anualidades:
a) Con cargo á aplicación orzamentaria 2024 43 05 313A 460.0 (código de proxecto 2023 00133) para o cofinanciamento de programas de estadías formativas en Galicia vinculadas a sectores estratéxicos presentadas por concellos, agrupacións de concellos ou mancomunidades da Comunidade Autónoma de Galicia validamente constituídas, distribuída do seguinte xeito:
• Anualidade 2024, cun orzamento de 400.000 euros.
• Anualidade 2025, cun orzamento de 100.000 euros.
b) Con cargo á aplicación orzamentaria 2024 43 05 313A 4810 (código de proxecto 2023 00133) para o cofinanciamento de programas de estadías formativas en Galicia vinculadas a sectores estratéxicos presentadas por entidades privadas sen ánimo de lucro, con sede permanente ou domicilio social en Galicia, distribuída do seguinte xeito:
• Anualidade 2024, cun orzamento de 800.000,00 euros.
• Anualidade 2025, cun orzamento de 200.000,00 euros.
En todo caso, o importe máximo da axuda que se vai conceder para cada entidade beneficiaria establécese en 140.000 €.
3. Segundo o artigo 19 da Orde do 24 de xullo de 2024, a concesión da axuda efectuarase consonte a orde de prelación establecida no informe da Comisión de Avaliación ata esgotar o crédito orzamentario correspondente. Así mesmo, as entidades que non sexan propostas como adxudicatarias inicialmente por esgotarse o crédito orzamentario correspondente pasarán a conformar unha listaxe de agarda, que formará igualmente parte da proposta de resolución, coa finalidade prevista no número 2 do artigo 21.
4. O órgano instrutor, con base no informe da comisión cualificadora, tendo en conta as bases da convocatoria, eleva a súa proposta de concesión de subvencións ao órgano encargado de resolver este procedemento.
5. Correspóndelle á persoa titular da dirección xeral competente en materia de xuventude, por delegación do conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, logo da proposta do órgano instrutor e da fiscalización pola Intervención, a competencia para a adxudicación das axudas mediante a correspondente resolución.
6. Os gastos subvencionables recóllense no artigo 7 da Orde do 24 de xullo de 2024.
7. A aceptación desta subvención podería implicar a súa aparición na lista de operacións que se publique nos termos establecidos no artigo 49.3 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021.
As subvencións concedidas condicionaranse ao cumprimento de todas as obrigas establecidas no artigo 26 da Orde do 24 de xullo de 2024 (recollidas no anexo IV desta resolución).
8. A xustificación da subvención realizarase de conformidade co previsto no artigo 24 da Orde do 24 de xullo de 2024 e no disposto no artigo 28 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no artigo 44 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 6 da Orde TES/106/2024, do 8 de febreiro, pola que se determinan os gastos subvencionables polo Fondo Social Europeo Plus durante o período de programación 2021-2027.
A xustificación da subvención realizarase con data límite do 15 de decembro de 2024 para os gastos correspondentes á anualidade 2024, e do 15 de abril de 2025 para os gastos correspondentes á anualidade 2025, para o cal se achegará a documentación recollida no artigo 24.4 da orde de convocatoria.
Unha vez recibida e comprobada a documentación xustificativa, poderase proceder ao pagamento da subvención concedida. No caso de que o gasto xustificado sexa inferior ao orzamento da subvención e no caso de incumprimento de obrigas, a contía da subvención será minorada de maneira proporcional e seguindo os criterios sinalados no artigo 27.
9. Poderanse realizar pagamentos anticipados e á conta da subvención concedida, de acordo co establecido no artigo 31.6 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, no artigo 63 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, e nesta convocatoria.
Poderase solicitar un anticipo de ata o 80 % do importe concedido en cada anualidade. En todo caso, os gastos imputados con cargo aos anticipos deberán xustificarse antes do 15 de decembro de 2024 para os gastos correspondentes ao anticipo da anualidade 2024 e antes do 15 de abril de 2025 para os gastos correspondentes ao anticipo da anualidade 2025.
Non poderán realizarse pagamentos da subvención, de acordo co artigo 31 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, en canto a entidade beneficiaria non se esta ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social, teña pendente de pagamento algunha débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma ou sexa debedora por procedencia de reintegro.
10. Toda alteración das condicións que se tiveron en conta para a concesión da axuda e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.
RESOLVO:
Primeiro. Conceder ás entidades sen ánimo de lucro que se relacionan no anexo I desta resolución as subvencións convocadas na dita orde de convocatoria con cargo á aplicación orzamentaria 43.05.313A.481.0.
Segundo. Conceder ás entidades locais que se relacionan no anexo II desta resolución as subvencións convocadas na dita orde de convocatoria con cargo á aplicación orzamentaria 43.05.313A.460.0.
Terceiro. A efectividade desta resolución está condicionada a que a entidade beneficiaria a acepte expresamente e concrete a/as entidade/s ou empresa/s de realización das estadías formativas, mediante a entrega da seguinte documentación, na forma sinalada no artigo 10, no prazo de 10 días hábiles contados desde a dita publicación:
a) Anexo III cuberto aceptando ou renunciando á subvención e no cal se incluirá:
– En caso de aceptar a subvención, o número de conta bancaria co código IBAN de que sexa titular a persoa beneficiaria.
– Se é o caso, a solicitude do anticipo previsto no artigo 25, marcando o recadro previsto para o efecto.
– O extracto da convocatoria do proceso selectivo das persoas mozas participantes, nos termos establecidos no artigo 23 da citada orde.
b) Sempre que non o presentasen xa con anterioridade, anexo/s IV ou compromiso da/dass empresa/s ou entidade/s de estadías, asinado/s pola/s persoa/s responsable/s para a realización destas.
A non presentación dos anexos III (Renuncia ou aceptación da subvención) e IV (Acordo das entidades beneficiarias coas empresas/entidades para a realización das estadías formativas en Galicia vinculadas a sectores estratéxicos) en prazo e forma implica a declaración da perda do dereito á subvención.
Cuarto. Publicar no anexo III desta resolución a lista de agarda.
As resolucións ditada neste procedemento esgotan a vía administrativa, polo que, de conformidade co previsto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, contra elas poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, que comezará a contar desde o día seguinte ao da súa notificación, se esta for expresa. Se non o for, o prazo será de seis meses e contarase a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.
Malia o anterior, poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou a resolución, no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da súa notificación, se esta for expresa. Se non o for, poderase interpor recurso de reposición en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.
Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2024. O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, P.D. (Orde do 24 de xullo de 2024; DOG núm. 153, do 8 de agosto), Lara del Carmen Meneses Álvarez, directora xeral de Xuventude
ANEXO I
Relación de entidades sen ánimo de lucro beneficiarias
|
Orde |
Nº expediente |
Nome da entidade |
NIF |
Puntuación total |
Orzamento total |
|
1 |
2024/001 |
Asociación Esgaia Inserta |
G16918641 |
100 |
139.815,00 € |
|
2 |
2024/015 |
Asociación de Empresarios de Redondela |
G36039238 |
100 |
130.000,00 € |
|
3 |
2024/009 |
Asociación Iris Social |
G16824088 |
95 |
139.647,75 € |
|
4 |
2024/005 |
Asociación de Empresarios de Mos |
G36223543 |
95 |
140.000,00 € |
|
5 |
2024/012 |
Federación Escuelas Familiares Agrarias Galicia |
G15299357 |
95 |
92.668,08 € |
|
6 |
2024/003 |
Asociación Provincial de Empresarios de la Construcción de Ourense |
G32015828 |
90 |
140.000,00 € |
|
7 |
2024/016 |
Fundación Impulsarse para el Desarrollo del Empleo y la Integración Social |
G27866763 |
89 |
139.811,67 € |
ANEXO II
Relación de entidades locais beneficiarias
|
Orde |
Nº expediente |
Nome da entidade |
NIF |
Puntuación total |
Orzamento total |
|
1 |
2024/018 |
Concello de Ponteareas |
P3604200J |
100 |
83.980,00 € |
|
2 |
2024/004 |
Concello de Camariñas (Agrupación de Concellos de Camariñas, Muxía e Vimianzo) |
P1501600I |
86 |
137.598,92 € |
ANEXO III
Lista de agarda de entidades sen ánimo de lucro por orde de puntuación
|
Nº exp. |
Nome da entidade |
NIF |
Puntuación total |
Orzamento total |
|
2024/007 |
Asociación Galega para axuda dos enfermos con demencia tipo Alzhéimer Agadea |
G15483498 |
85 |
88.374,72 € |
|
2024/006 |
Fundación Denis Suárez |
G72541493 |
85 |
139.878,00 € |
|
2024/011 |
Asociación Empresarios del Deza |
G36187169 |
85 |
70.000,00 € |
|
2024/013 |
Asociación de Empresas e Profesionais do Transporte de Galicia Sinerxías |
G10645075 |
79 |
140.000,00 € |
|
2024/008 |
Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios y Navegación de Santiago |
Q1573004G |
75 |
104.310,00 € |
|
2024/014 |
Valores Innovation |
G70377585 |
75 |
128.998,94 € |
|
2024/010 |
Dalle que Dalle, S. Coop. Galega |
F94096021 |
70 |
106.807,50 € |
|
2024/017 |
Cruz Roja Española |
Q2866001G |
69 |
140.000,00 € |
|
2024/020 |
Aventeira, S. Coop. Galega |
F70577010 |
68 |
58.000,00 € |
|
2024/019 |
Asociación Bioga-Cluster Tecnolóxico Empresarial de Ciencias da Vida |
G70259312 |
65 |
111.838,00 € |
|
2024/002 |
Asociación Limisi |
G32302671 |
54 |
52.485,72 € |
|
2024/022 |
Down Vigo Asoc. para o Síndrome de Down |
G36697324 |
43 |
109.777,76 € |
|
2024/021 |
Lug Open Factory |
G27514090 |
36 |
98.000,00 € |
ANEXO IV
Obrigas da actividade subvencionada
1. As entidades beneficiarias, ademais de cumprir as restantes obrigas previstas nesta orde e as establecidas pola normativa aplicable con carácter xeral ás subvencións públicas, deberán:
a) Realizar as accións dos programas de estadías formativas para as cales se concede a subvención, de conformidade co establecido nesta orde e nas instrucións ou manuais que a desenvolvan.
b) Acreditar ante o órgano convocante a realización das actividades e o cumprimento dos requisitos exixidos para a concesión da subvención, achegando a documentación que lles sexa requirida co fin de comprobar o cumprimento das obrigas que derivan da dita concesión.
c) Someterse ás actuacións de control, comprobación e inspección efectuadas pola consellería competente en materia de xuventude e ás da Inspección de Traballo e Seguridade Social, ás de control financeiro que corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, ás previstas na lexislación do Consello de Contas, así como o Tribunal de Contas ou a outros órganos da Administración do Estado ou da Unión Europea, as verificacións que poidan e realizar os organismos implicados na xestión ou seguimento do Programa FSE + Galicia 2021-2027, nos termos establecidos no Regulamento (UE) nº 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, que incorporarán as correspondentes visitas sobre o terreo. As que poidan corresponder, no suposto de cofinanciamento á Comisión e ao Tribunal de Contas das Comunidades Europeas e achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.
d) Comunicarlle ao órgano convocante calquera modificación das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, así como dos compromisos e obrigas asumidos polas persoas participantes e, de ser o caso, a obtención concorrente de subvencións, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, procedentes de calquera outra administración ou ente público estatal ou internacional. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.
e) Comunicarlle ao órgano convocante, no prazo de 3 días seguintes desde que se produza o feito:
1º. A interrupción ou abandono das estadías, mediante escrito motivado e asinado pola persoa participante.
2º. O cambio de empresa/entidade de estadías, mediante escrito motivado.
f) Difundir a convocatoria do seu programa de estadías formativas para a selección de mozos e mozas publicamente e coa adecuada antelación a través da internet (páxinas web e/ou redes sociais, así como na páxina web (http://xuventude.xunta.gal), ou outros medios de difusión complementarios, de xeito que poidan ser coñecidas por todas as persoas potencialmente beneficiarias destas.
g) Buscar unha ou varias empresas ou entidades colaboradoras para a realización das estadías formativas en Galicia.
h) Dispor dos seguros médicos, de accidentes e de responsabilidade civil necesarios para dar cobertura ás persoas participantes nos programas de estadías formativas, desde o inicio ata a finalización destas.
i) Manter o contacto coa dirección xeral competente en materia de xuventude, durante todo o período de execución do programa subvencionado, en todas as súas fases, e ata un ano despois da súa finalización.
j) Asistir ás xornadas formativas, informativas e de networking ás cales sexan convocadas, durante o período de execución do programa subvencionado, e ata un ano despois da súa finalización.
k) Satisfacer, no momento do seu vencemento, as obrigas económicas que deriven do funcionamento do proxecto subvencionado, especialmente as de carácter salarial, se as houber, con independencia de que se percibise con anterioridade a subvención concedida.
l) Ter a capacidade administrativa, financeira e operativa acreditada para cumprir as condicións da subvención.
2. Co fin de efectuar un seguimento adecuado da execución dos proxectos cofinanciados pola Unión Europea a través do Programa FSE + Galicia 2021-2027, mediante as subvencións establecidas nesta orde a entidade beneficiaria deberá someterse, segundo a normativa europea que resulte de aplicación, ao cumprimento das seguintes obrigas:
a) Respectar as normas de subvencionabilidade do gasto financiado polo Regulamento (UE) nº 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo Plus, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo de Transición Xusta ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, así como as normas financeiras para os ditos fondos e para o Fondo de Asilo, Migración e Integración, o Fondo de Seguridade Interior e o instrumento de apoio financeiro á xestión de fronteiras e política de visados; o Regulamento (UE) nº 2021/1057 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, polo que se establece o Fondo Social Europeo Plus (FSE+) e polo que se derroga o Regulamento (UE) nº 1296/2013 e a Orde TES/106/2024, do 8 de febreiro, pola que se determinan os gastos subvencionables polo Fondo Social Europeo Plus durante o período de programación 2021-2027.
b) Cumprir coas medidas de visibilidade, transparencia e comunicación establecidas no Regulamento (UE) nº 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021. En particular, de conformidade cos artigos 47 e 50 do devandito regulamento, todos os materiais de comunicación contarán co emblema da Unión Europea xunto coa declaración «Cofinanciado pola Unión Europea». Igualmente, nos lugares de realización da actuación informarase do apoio dos fondos a través dun cartel dun tamaño mínimo A3 ou unha pantalla electrónica equivalente con información sobre a operación nun lugar ben visible para o público. Tamén se fará unha breve descrición da actuación na páxina web e nas contas nos medios sociais, no caso de dispoñer delas, mencionando os obxectivos e resultados, e destacando a axuda financeira da Unión Europea. Ademais, en todos os documentos e materiais de comunicación relacionados coa execución da actuación, destinados ao público ou ás persoas participantes, proporcionarase unha declaración que saliente a axuda da Unión Europea de xeito visible.
c) Así mesmo, as persoas contratadas e as persoas mozas participantes serán informadas de que o programa está cofinanciado pola Xunta de Galicia Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e pola Unión Europea a través do Programa FSE + Galicia 2021-2027, así como da finalidade da subvención, figurando todos os emblemas nas comunicacións.
d) Manter rexistros contables independentes ou empregar códigos de contabilidade apropiados para todas as transaccións relacionadas coa operación, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría suficiente sobre os gastos financiados con fondos do Programa FSE + Galicia 2021-2027.
e) Manter unha pista de auditoría suficiente, manter de forma separada na contabilidade o ingreso da axuda percibida e conservar todos os documentos xustificativos relacionados coa operación que reciba axuda do FSE+ durante un prazo de cinco anos a partir do 31 de decembro do ano en que a autoridade de xestión do Programa FSE + Galicia 2021-2027 efectúe o último pagamento ao beneficiario, nos termos establecidos no artigo 82 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, d 24 de xuño de 2021.
f) Realizar as actuacións precisas para recoller a información suficiente relativa ao desenvolvemento da prestación que permita dar cumprimento aos requisitos de información a través de indicadores de realización e de resultados previstos no artigo 17 do Regulamento (UE) nº 2021/1057.
Os indicadores de realización relativos a cada persoa participante refírense á data inmediatamente anterior ao inicio da vinculación do/a dito/a participante coa actuación cofinanciada e deberán intentar recollerse no primeiro día de incorporación da persoa moza contratada á entidade beneficiaria. Pola súa banda, os indicadores de resultado inmediato deberán referirse ao período comprendido entre o día posterior a finalización da súa vinculación coa operación e as catro semanas seguintes, e deberán estar recompilados previamente á presentación da documentación xustificativa da correspondente subvención regulada no artigo 24. Así mesmo, a Administración poderá requirir en calquera momento novos datos relativos á data en que se cumpran os seis meses desde que finalice a vinculación do participante coa actividade cofinanciada, coa finalidade de formalizar os indicadores de resultado a longo prazo descritos no antedito regulamento.
Para estes efectos, facilitarase a entidade beneficiaria o acceso á aplicación Participa2127 (https://participa2127.conselleriadefacenda.gal/Participa2127) e os oportunos cuestionarios, que terán que respectar o principio de integridade dos datos.
Para dar cumprimento a estes requisitos de información, as entidades beneficiarias deberán introducir os datos dos indicadores de realización e de resultados das persoas participantes na aplicación informática Participa 2127.
