De conformidade co disposto no artigo 48 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público que, mediante a Resolución do 3 de outubro de 2024, da Consellería do Mar, se lle outorgou a Mariscos Ricamar, S.L. unha concesión temporal de carácter experimental para o cultivo de mexillón mediante a instalación de liñas de cultivo nas cuadrículas 9, 10, 15, 16, 22, 23, 30, 31, 39, 40 e 48 do polígono Camariñas A, na enseada de Merexo, na ría de Camariñas.
O informe de impacto ambiental do proxecto fíxose público mediante o Anuncio do 13 de maio de 2016, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, publicado no Diario Oficial de Galicia núm. 107, do 7 de xuño.
Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2024
Antonio Basanta Fernández
Director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica
