De acordo co previsto no artigo 60, punto 11, da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise pública a declaración ambiental estratéxica formulada o 4 de outubro de 2024 sobre a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento de Arteixo para a delimitación do solo de núcleo rural na costa.
Esta declaración ambiental estratéxica pódese consultar no seguinte enderezo da internet: https://cmatv.xunta.gal/busca-por-palabra-clave (expediente 2017AAE1995).
Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2024
María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
