De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia segundo o disposto no artigo 46.
Os actos foron adoptados pola directora territorial.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, no departamento territorial, sita no Edificio Administrativo Monelos, rúa Vicente Ferrer, nº 2, 5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).
A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.
A Coruña, 7 de outubro de 2024
Mª Pilar Arias Graña
Directora territorial da Coruña
ANEXO
|
Expediente |
Interesado |
Acto notificado |
Acto adoptado |
|
CO-RES-2023-068 |
X8881857Q |
Resolución |
Pola directora territorial |
|
CO-RES-2024-011 |
58057616G |
Acordo de inicio |
Pola directora territorial |
