DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Venres, 18 de outubro de 2024 Páx. 55599

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 7 de outubro de 2024, do Departamento Territorial de Lugo, do traslado das follas de valoración da empresa dos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación do proxecto de adecuación CT Alvaredo-27C508 Baleira (expediente IN407A 2023-008-2).

Para cumprir o disposto no artigo 44 de la Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante o presente anuncio notifícase ás persoas interesadas pola expropiación o traslado das follas de valoración da empresa dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada adecuación CT Alvaredo-27C508 Baleira.

Lugo, 7 de outubro de 2024

O director territorial de Lugo
P.A. (Artigo 40.3 do Decreto 140/240, do 20 de maio)
Juan Carlos Morán del Pozo
Xefe do Servizo de Industria

ANEXO

Expediente: IN407A 2023-08-2.

Denominación: adecuación CT Alvaredo-27C508 (Baleira).

Traslado das follas de valoración da empresa dos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación no concello de Baleira.

Predio

Propietario/a

Políg.

Parc.

Lugar

Cultivo

Apoio nº

Apoio cantidade

Sup. (m²)

Voo (long.)

Voo (sup. m²)

1

Xunta Veciñal de Albaredo

89

126

Cantrocal

Monte alto

3

42

2

Xunta Veciñal de Albaredo

89

135

Pena Cha

Monte alto

70-77-CT

1

10

5

86