DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Venres, 18 de outubro de 2024 Páx. 55588

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2024 pola que se nomea persoal funcionario de carreira o persoal que superou o procedemento selectivo das prazas de persoal de administración e servizos (PAS) funcionario e laboral do marco de estabilización extraordinaria de emprego temporal correspondente ao subgrupo C2.

Publicada polo tribunal cualificador das probas selectivas para cubrir, polo sistema de acceso libre, as prazas de PAS funcionario e PAS laboral do marco de estabilización extraordinaria de emprego temporal, convocadas pola Resolución reitoral do 5 de decembro de 2022 (DOG do 16 de decembro), a proposta definitiva de persoal seleccionado correspondente ao subgrupo C2, unha vez rematado o prazo establecido na base 8.1 e de conformidade co disposto no artigo 85.j) dos estatutos da USC,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar a proposta parcial feita polo tribunal cualificador e nomear funcionarios/as de carreira da escala auxiliar, subgrupo C2, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo. No anexo da resolución relaciónanse as persoas nomeadas e os destinos adxudicados.

Segundo. Para adquirir a condición de funcionario/a de carreira, as persoas ás cales se refire o anexo desta resolución deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes que comezará a computarse a partir do 4 de novembro de 2024.

No caso de que as persoas aspirantes se encontren en situación de incapacidade temporal, o prazo para a toma de posesión comezará a partir do día hábil seguinte ao da data da alta médica, que deberán acreditar. Quedan exceptuadas do disposto neste parágrafo as situacións derivadas da maternidade ou paternidade, nas cales se poderá tomar posesión durante esta situación.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpor un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo anteriormente indicado mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2024

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Núm. orde

DNI

Apelidos e nome

Código

Denominación e unidade de adscrición

Nivel

Subgrupo

Quenda

Campus

1

***4252**

Pardal Campaña, María de los Ángeles

PF000582

Posto base. Área de Xestión de Investigación

17

C1/C2

Mañá

Compostela

2

***5203**

Cao López, Carmen

PF000633

Posto base. Unidade de Xestión de Centro e Departamentos da Facultade de Química

17

C1/C2

Mañá

Compostela

3

***5262**

Subirol López, María Florinda

PF000615

Posto base. Unidade de Xestión de Centro e Departamentos da Facultade de Farmacia

17

C1/C2

Mañá

Compostela

4

***7393**

Comesaña Pedreira, Xoán Antón

PF000580

Posto base. Área de Promoción e Estratexia Científica

17

C1/C2

Mañá

Compostela

5

***7120**

López Vázquez, Rosa María

PF000550

Posto base. Centro de Formación de Persoal

17

C1/C2

Mañá

Compostela

6

***8941**

Romero Antelo, Inés

PF000660

Posto base. Servizo de Axudas e Servizos ao Alumnado

17

C1/C2

Mañá

Compostela

7

***5580**

García España, Rosa María

PF000576

Posto base. Servizo de Planificación de Persoal Docente e Investigador

17

C1/C2

Mañá

Compostela

8

***2418**

Rodríguez Seoane, María Lucía

PF000636

Posto base. Unidade de Xestión de Centro e Departamentos da Facultade de Veterinaria

17

C1/C2

Mañá

Lugo

9

***6366**

González Añón, José Carlos

PF000708

Posto base. Subárea de Contabilidade

17

C1/C2

Mañá

Compostela

10

***9997**

Sandá Morales, María Luisa

PF000704

Posto base. Servizo de Orzamentación e Planificación

17

C1/C2

Mañá

Compostela

11

***6920**

Sánchez Suárez, Raquel

PF000562

Posto base. Servizo de Xestión de Persoal

17

C1/C2

Mañá

Compostela

12

***9402**

Aboy García, María Adelina

PF000705

Posto base. Subárea de Contabilidade

17

C1/C2

Mañá

Compostela