Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar…», mediante o presente anuncio comunícanselles a todas as persoas interesadas nos pagamentos dos prezos xustos polos bens e dereitos afectados polo proxecto de rehabilitación da concesión mineira San Amaro 2.520.2, que se realizarán na Casa do Concello de Cangas, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados por si ou representadas por persoa debidamente autorizada, e exhibirán o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.
Vigo, 8 de outubro de 2024
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: PO/C/2520.2.
Entidade beneficiaria: Consorcio Zona Franca de Vigo.
Denominación da instalación: proxecto de rehabilitación da concesión mineira San Amaro 2.520.2.
Concello: Cangas.
|
Predio |
Referencia catastral |
Lugar |
Titularidade |
Data |
Hora |
|
049 |
36008A032000490000JA |
Teixugueira |
Manuel Hermelo Menduíña |
31 de outubro de 2024 |
11.00 |
|
050 |
36008A032000500000JH |
Teixugueira |
Manuel Hermelo Menduíña |
31 de outubro de 2024 |
11.00 |
|
051 |
36008A032000510000JW |
Teixugueira |
José Benito Hermelo Estévez |
31 de outubro de 2024 |
11.00 |
|
052 |
36008A032000520000JA |
Teixugueira |
José Benito Hermelo Estévez |
31 de outubro de 2024 |
11.00 |
|
055 |
36008A032000550000JG |
Teixugueira |
Cándido Menduíña Carballo |
31 de outubro de 2024 |
11.00 |
|
064 |
36008A032000640000JM |
Teixugueira |
Cándido Menduíña Carballo |
31 de outubro de 2024 |
11.00 |
