DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Martes, 22 de outubro de 2024 Páx. 56261

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 9 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de ampliación dunha explotación de gando vacún de leite no lugar de Vilarbó, na parroquia de Gorgullos, no concello de Tordoia (A Coruña) (expediente 2022/0176).

De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental do 8 de outubro de 2024 do proxecto de ampliación dunha explotación de gando vacún de leite no lugar de Vilarbó, na parroquia de Gorgullos, no concello de Tordoia (A Coruña), promovido por Ganadería Moutou, S.C.

Este informe poderase consultar na seguinte ligazón:

https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2024

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade