De conformidade co artigo 41.3 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise pública a declaración de impacto ambiental, formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade o 8 de outubro de 2024, do proxecto de reforma e ampliación dunha explotación avícola con capacidade para 81.001 polos de ceba, na parroquia de Seixón, no concello de Friol (Lugo), promovido por Vizcaíno Santos, S.C.
A dita declaración poderase consultar na ligazón: https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2024
María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
