A directora xerente do Cetmar, en virtude das competencias atribuídas polo Padroado da Fundación, anuncia a aprobación da convocatoria e as bases específicas para a selección de persoal dun técnico superior de actividades científico-técnicas para o proxecto SECWEB-RCGs.
As bases estarán expostas na sede do Cetmar, situada na rúa Eduardo Cabelo, s/n, 36208 Vigo, e na súa páxina web (https://cetmar.org/trabajo/). A data tope de entrega de solicitudes será de 15 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio.
Vigo, 16 de outubro de 2024
Rosa Chapela Pérez
Directora xerente do Centro Tecnológico del Mar
Fundación Cetmar
