O Pleno do Concello en sesión realizada o 25 de setembro de 2024 acordou a aprobación e tramitación do convenio urbanístico de cesión de terreos para a execución do proxecto de mellora do primeiro treito do camiño de Monelos.
En cumprimento do disposto no artigo 168 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e no artigo 401 do seu regulamento, unha vez que o referido convenio foi subscrito, sométese o expediente a información pública polo prazo dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da última das publicacións deste anuncio, no Diario Oficial de Galicia ou nun dos xornais de maior difusión na provincia, para que calquera persoa poida examinar o convenio e formular as alegacións que procedan.
A documentación do convenio estará á disposición no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello, na epígrafe de información urbanística. Tamén poderá consultarse fisicamente na dependencias do Concello da Baña.
A Baña, 1 de outubro de 2024
José Antonio Pereira Gil
Alcalde
