DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Mércores, 23 de outubro de 2024 Páx. 56367

III. Outras disposicións

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 2024, da Xerencia da Área Sanitaria de Ferrol, pola que se anuncia a incorporación ao Consello Asesor de Pacientes da Área de Ferrol da Asociación Oficina Central de Servizos Área 1 (Alcohólicos Anónimos).

De conformidade co disposto na disposición adicional primeira da Orde do 16 de outubro de 2018 pola que se regula a composición e o réxime xurídico de funcionamento dos consellos asesores de pacientes de área, anúnciase a incorporación ao Consello Asesor de Pacientes da Área Sanitaria de Ferrol da seguinte asociación: Asociación Oficina Central de Servizos Área 1 (Alcohólicos Anónimos).

Ferrol, 15 de outubro de 2024

Fernanda López Crecente
Xerente da Área Sanitaria de Ferrol