Unha vez finalizada a fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma Galicia, subgrupo C2, convocado pola Resolución do 22 de xuño de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 121, do 27 de xuño), e visto o Acordo do 27 de xuño de 2024, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, polo que se dá publicidade de seis novas persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo (DOG núm. 130, do 5 de xullo); e verificada a concorrencia dos requisitos exixidos nas bases da convocatoria, esta consellería, de acordo co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, no Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección de persoal da Administración da Xunta de Galicia, e nas bases da convocatoria do proceso selectivo,
RESOLVE:
Primeiro. Nomear persoal funcionario en prácticas do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma Galicia, subgrupo C2, seis novas persoas aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo convocado pola Resolución do 22 de xuño de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 121, do 27 de xuño) e que figuran no anexo desta resolución, ordenadas de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicarlles como destinos en prácticas os que figuran nel, unha vez efectuada a elección de destino en prácticas realizada conforme a Resolución do 23 de setembro de 2024 (Diario Oficial de Galicia número 189, do 1 de outubro).
O nomeamento terá efectos, segundo establece a base III.1 da convocatoria, desde a data de inicio do período de prácticas regulamentado na Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 14 de outubro de 2024, isto é, o 28 de outubro de 2024.
A situación xurídica das persoas aspirantes nomeadas persoal funcionario en prácticas será a prevista no Decreto 95/1991, do 20 de marzo, e demais disposicións concordantes.
Segundo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2024
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
Anexo
Nomeamento de persoal funcionario en prácticas e adxudicación de destinos en prácticas
Corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2
|
Nº |
NIF |
Apelidos e nome |
Posto elixido |
Código do posto |
Denominación |
Cons. |
Centro destino |
Centro directivo |
Concello |
Subgrupo |
Nivel |
Observacións |
|
115 |
***3850** |
Varela Ordóñez, Ana |
108 |
PSC991000015001121 |
Posto base Subgrupo C2 |
PS |
Xefatura Territorial A Coruña |
Servizos periféricos |
A Coruña |
C2 |
12 |
|
|
116 |
***1993** |
Dos Reis Varela, María del Pilar |
107 |
PSC991000015001101 |
Posto base Subgrupo C2 |
PS |
Xefatura Territorial A Coruña |
Servizos periféricos |
A Coruña |
C2 |
12 |
|
|
117 |
***8360** |
Sobrado Eiras, Ladislao |
86 |
PSC991000015001074 |
Posto base Subgrupo C2 |
PS |
Xefatura Territorial A Coruña |
Servizos periféricos |
A Coruña |
C2 |
12 |
|
|
118 |
***6017** |
Vázquez Diz, Alba |
106 |
PSC991000015001075 |
Posto base Subgrupo C2 |
PS |
Xefatura Territorial A Coruña |
Servizos periféricos |
A Coruña |
C2 |
12 |
|
|
119 |
***3245** |
Alonso Alonso, Adrián |
100 |
PSC991000015001092 |
Posto base Subgrupo C2 |
PS |
Xefatura Territorial A Coruña |
Servizos periféricos |
A Coruña |
C2 |
12 |
|
|
120 |
***2716** |
Prego Prado, Yago |
105 |
PSC991000015001098 |
Posto base Subgrupo C2 |
PS |
Xefatura Territorial A Coruña |
Servizos periféricos |
A Coruña |
C2 |
12 |
