Na sesión que tivo lugar o 15 de outubro de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 28 de novembro de 2023 (DOG núm. 233, do 11 de decembro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de facultativo de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de museos, convocado pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 30 de marzo de 2022 (DOG núm. 65, do 4 de abril),
ACORDOU:
Declarar a persoa aspirante que superou o segundo exercicio exenta de realizar o terceiro exercicio por ter presentada a documentación xustificativa sinalada na base II.1.1.3 da convocatoria.
De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2024
María del Carmen Calviño Rodríguez
Presidenta do tribunal
