A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o 2 de outubro de 2024, ditou resolución de execución forzosa, mediante a execución subsidiaria das obras executadas en solo rústico, sitas na paraxe do Tanque, lugar de Sambade, parroquia de Malvas, no termo municipal de Tui, provincia de Pontevedra, expediente PON/205/2015-RP1.
Ao non poder realizarse a notificación persoal da resolución á persoa interesada, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle a devandita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado e a súa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.
Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle ao interesado que o texto íntegro da resolución que se lle notifica encóntrase ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, a persoa interesada pode interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que teña lugar a publicación deste anuncio, ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, e signifícaselle que o recurso unicamente será admisible por motivos de infracción do ordenamento inherentes ao acordo de execución subsidiaria, e será motivo de inadmisión a reiteración das mesmas razóns que se esgrimiron ou se puideron esgrimir fronte á resolución da que o presente acordo é un mero acto de execución. Se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, desde o día seguinte ao da presente notificación ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Para que conste e lle sirva de notificación á persoa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.
Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2024
Victoria Núñez López
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística
