Pola Resolución reitoral do 5 de setembro de 2024 (DOG do 16 de setembro), convocáronse probas selectivas para cubrir catro prazas da categoría profesional de técnico/a de grao medio de investigación (animalarios), grupo II, pola quenda de promoción interna, do cadro de persoal laboral. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes,
resolvo:
Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas pola quenda de promoción interna ás citadas probas.
Segundo. Indicar que a listaxe provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web:
https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado
Terceiro. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas, dispoñen dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poder emendar os defectos que motivaran a exclusión ou a omisión.
Cuarto. Para emendar a exclusión ou omisión cubrirase o formulario de emendas do catálogo de procedementos na seguinte ligazón:
https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/emendaSelecPersoalLaboral.htm
Quinto. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o dereito a ser incluídas na relación de persoas admitidas, serán definitivamente excluídas da realización das probas.
Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2024
Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
