DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Mércores, 23 de outubro de 2024 Páx. 56478

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Fene

ANUNCIO de nomeamento de persoal laboral fixo para unha praza de animador/a sociocultural.

De conformidade co establecido nas bases xerais reguladoras dos procesos extraordinarios de estabilización do emprego temporal do Concello de Fene, e unha vez rematado o proceso selectivo, mediante a Resolución da Alcaldía 1203/2024, do 17 de setembro, nomeouse a Yolanda Cinza Rivera, con DNI ***1840**, persoal laboral fixo do Concello de Fene, para unha praza de animador/a sociocultural, coa clasificación segundo Convenio, equivalente subgrupo C1 e incluída na oferta de emprego público do ano 2021.

As persoas interesadas poden consultar o texto íntegro da resolución en:

https://fene.gal/portal-cidadan/noticia/gl/8082

Fene, 19 de setembro de 2024

Alejandra Permuy Meizoso
Alcaldesa en funcións