DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Mércores, 23 de outubro de 2024 Páx. 56450

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 8 de outubro de 2024 polo que se notifica a proposta de resolución do expediente en materia de verteduras Prov.15701.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase á persoa titular do NIF 33544157Z a proposta de resolución ditada o 9 de setembro de 2024 no expediente en materia de verteduras Prov.15701.

En cumprimento do artigo 46 da LPAC, o interesado poderá comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado, para coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, no horario comprendido entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico tramitaciondph.augas@xunta.gal ou nos teléfonos 981 54 41 41 e 981 54 50 87.

Así mesmo, indícase que poderá presentar alegacións perante a Área de Verteduras de Augas de Galicia, no prazo de dez (10) días contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación.

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2024

Roi Fernández Añón
Director de Augas de Galicia