BDNS (Identif.): 791659.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).
Primeiro. Entidades beneficiarias
Poderán ser beneficiarias das axudas que se regulan nesta orde as seguintes entidades:
1. Entidades agrarias con representación no Consello Agrario Galego.
2. Outras asociacións agrarias.
Segundo. Obxecto
1. O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras para conceder axudas, en réxime de concorrencia polo sistema de rateo, para realizar actividades de interese agrario e convocalas para o exercicio orzamentario 2024.
2. A finalidade das axudas concedidas ao abeiro destas bases reguladoras é a realización de actividades de representación e de formación dos asociados das organizacións profesionais agrarias e asociacións agrarias legalmente constituídas e con implantación en Galicia e dos agricultores galegos en xeral.
Terceiro. Bases reguladoras
Estas axudas outorgaranse ao abeiro do disposto na Orde do 15 de outubro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas ás organizacións profesionais agrarias e asociacións agrarias para a realización de actividades de interese agrario, e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento MR321A).
Cuarto. Importe
Importe total da convocatoria: 600.000 euros.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2024
María José Gómez Rodríguez
Conselleira do Medio Rural
