DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Xoves, 24 de outubro de 2024 Páx. 56780

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, en categorías do grupo III de persoal laboral da Xunta de Galicia, pola que se fai pública a relación de persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o acceso a determinadas categorías.

Na sesión que tivo lugar o 23 de outubro de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 29 de maio de 2024 (DOG núm. 108, do 5 de xuño), para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, nas categorías 3, 12, 15, 34, 36, 37, 43, 52, 54, 54B, 66, 71, 94, 98, 100, 101, 103 e 104 do grupo III de persoal laboral da Xunta de Galicia e do persoal laboral propio do Cixtec (grupo III), convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro), modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro) (corrección de erros DOG núm. 64, do 31 de marzo),

RESOLVE:

Primeiro. Facer pública a relación de aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, en categorías do grupo III de persoal laboral da Xunta de Galicia, que se relacionan no anexo desta resolución, por orde das puntuacións obtidas no concurso e con indicación do seu documento nacional de identidade (coas limitacións previstas na normativa en materia de protección de datos de carácter persoal).

A relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo publícase no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta

De conformidade co disposto na base V.2 da convocatoria e de acordo co informe do 9 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, sobre a aplicación aos procesos selectivos de estabilización da Lei 20/2021 da tramitación de urxencia, conforme o artigo 33.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentaren os documentos previstos na devandita base, no caso de que non fosen presentados ou validados previamente.

Segundo. Elevar a devandita relación de aspirantes á titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, para os efectos de que as persoas que figuran nela sexan propostas para o seu nomeamento como laborais fixos.

De acordo co disposto na base IV.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2024

Concepción Moares Domínguez
Presidenta do tribunal

ANEXO

Categorías de persoal laboral do grupo III das cales se publica a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo

Categorías profesionais

Cat. 3. Controlador/a pecuario/a. Axudante/a técnico/a pecuario/a.

Cat. 12. Mestre/a de taller.

Cat. 15. Experto/a en exposicións.

Cat. 34. Especialista de oficios (debuxante).

Cat. 36. Experto/a audiovisuais.

Cat. 37. Técnico/a de son.

Cat. 43. Encargado/a estrutura escénica. Encargado/a de taller de escenografía. Técnico/a de máquinas do IGAEM.

Cat. 54. Técnico/a especialista en radioloxía (TER).

Cat. 54B. Hixienista dental.

Cat. 66. Axudante taller. Adxunto/a taller.

Cat. 71. Oficial/a de primeira xardineiro/a.

Cat. 94. Técnico/a auxiliar en imaxe e son.

Cat. 98. Auxiliar de luces.

Cat. 101. Proxeccionista.

Cat. 103. Entrevistador/a. Enquisador/a.