De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentar a notificación persoal dúas veces, emprázase a persoa interesada para ser notificada por comparecencia.
Polo que, por medio deste anuncio, os actos administrativos ditados en relación co procedemento sancionador, en materia de protección e benestar de animais de compañía en Galicia (Lei 7/2023, do 28 de marzo; BOE núm. 75, do 29 de marzo, en relación coa Lei 4/2017, do 3 de outubro; DOG núm. 194, do 11 de outubro), son notificados á persoa indicada no anexo.
Para o coñecemento íntegro de tales actos e a constancia destes, a dita persoa interesada poderá comparecer no prazo e no lugar que se sinalan a seguir:
– No prazo de dez (10) días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).
– Na sede deste servizo provincial, situada na rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 8º andar, á sur, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Despois de transcorrer o devandito prazo sen que se efectúe a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.
A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.
A Coruña, 10 de outubro de 2024
María Pilar Arias Graña
Directora territorial da Coruña
Anexo
|
Expediente |
Persoa interesada/DNI/NIE/NIF |
Acto de notificación |
|
ANI-CO-0038/2024-V |
49047949N |
Proposta de resolución |
|
ANI-CO-0038/2024-V |
49047949N |
Cambio de instrutora |
