Co obxecto de realizar a convocatoria do procedemento para cubrir, con carácter temporal, postos de traballo da Inspección educativa da Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2024/25, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos
RESOLVE:
Primeiro. Anunciar que a convocatoria do procedemento para cubrir, con carácter temporal, postos de traballo da Inspección educativa da Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2024/25 estará dispoñible no portal educativo da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional https://www.edu.xunta.gal/portal
Segundo. Que o prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2024
Jesús Manuel Álvarez Bértolo
Director xeral de Centros e Recursos Humanos
