DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Xoves, 24 de outubro de 2024 Páx. 56826

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 10 de outubro de 2024, do Departamento Territorial da Coruña, de convocatoria para o levantamento de actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación IN407A 2023/405-1.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio convócanse todas as persoas interesadas e, particularmente, as relacionadas no anexo que segue a este escrito, ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada substitución na LMT TA2808 dos apoios 9JOKSTDX//54-A-50 e 9JOK3EG7//54-A-51 por novos apoios e instalación de RC, no concello de Outes (expediente IN407A 2023/405-1), acto que se realizará, en primeiro lugar, sobre o terreo para a toma de datos e posterior redacción definitiva das actas nas dependencias municipais do mencionado concello, seguindo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Ao acto deberán comparecer as persoas titulares dos bens ou dereitos afectados por si ou representadas por persoa debidamente autorizada, e amosarán o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

A Coruña, 10 de outubro de 2024

O director territorial da Coruña
P.S. (Decreto 140/2024)
Lourdes Fernández Parajes
Xefa do Servizo de Industria da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2023/405-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: substitución na LMT TA2808 dos apoios 9JOKSTDX//54-A-50 e 9JOK3EG7//54-A-51 por novos apoios e instalación de RC.

Concello: Outes.

Nº predio

Concello

Lugar

Datos catastrais

Titular

Data

Hora

1

Outes

Fieiro

15063B501001850000WH

José María Suárez Castelo

28.11.2024

11.00