DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Xoves, 24 de outubro de 2024 Páx. 56830

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 16 de outubro de 2024, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se comunica a consignación de depósitos previos á ocupación e a data de ocupación dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto Reconectador e fusibles XS na LMTA LAL811 Rodeiro-Cog. Cogal 11.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar…», mediante este anuncio infórmanse as persoas afectadas pola expropiación da consignación do depósito previo á ocupación e da data de ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Reconectador e fusibles XS na LMTA LAL811 Rodeiro-Cog. Cogal 11, no concello de Dozón, que figuran no cadro anexo.

Os interesados poderán solicitar o levantamento do depósito ante o Servizo de Coordinación Industrial da Dirección Territorial da Consellería de Economía e Industria en Vigo. Na solicitude deberán achegar una copia do seu DNI e un certificado da conta bancaria que acredite que figuran como titulares da conta en que se ingresará o depósito.

Vigo, 16 de outubro de 2024

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2023/218-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: reconectador e fusibles XS na LMTA LAL811 Rodeiro-Cog. Cogal 11.

Concello: Dozón.

Predio

Referencia catastral

Titular

Data ocupación

Depósito previo

1

36016A02900044

Descoñecido

16 de novembro de 2024

2024/54/449