DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Xoves, 24 de outubro de 2024 Páx. 56850

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Brión

ANUNCIO de publicación das bases do proceso selectivo para a cobertura dunha praza de oficial I-condutor, mediante o procedemento de concurso-oposición.

Mediante decreto desta alcaldía do 20 de setembro de 2024, resolveuse a aprobación das bases dun proceso selectivo para a cobertura dunha praza de oficial I-condutor, mediante o procedemento de concurso-oposición.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

As bases íntegras publicáronse no BOP da Coruña núm. 186, do 26 de setembro de 2024, e no taboleiro de anuncios do concello e páxina web municipal.

Brión, 26 de setembro de 2024

Pablo Lago Sanmartín
Alcalde