DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Venres, 25 de outubro de 2024 Páx. 57432

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 10 de outubro de 2024, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se notifican os requirimentos da documentación necesaria para resolver os expedientes de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas (expediente 93300 e dez máis).

Intentada a notificación ás persoas interesadas que se especifican no anexo, do requirimento da documentación necesaria para resolver o expediente de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas, e non sendo posible a súa práctica, notifícaselles por medio deste anuncio co fin de que poida coñecer o seu contido íntegro e para constancia de tal coñecemento, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para tal efecto, os interesados poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Departamento Territorial (tarxeta sanitaria), sitas na rúa García Barbón, 51, 3º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Advírtese que, conforme o artigo 68.1 da dita Lei 39/2015, de non xuntar os documentos que lle son requiridos no mencionado prazo, terase por desistido da súa petición.

Vigo, 10 de outubro de 2024

Natalia Botana Rey
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIE/PAS

Data de requirimento

93300

156393669

15.2.2024

96164

123439126

15.2.2024

96171

120797228

25.3.2024

96419

AY232719 (representante Y9774128Q)

20.2.2024

97895

120666476 (representante Y9418507K)

4.4.2024

98004

OT6561038

1.3.2024

98301

AV849772

5.3.2024

98521

171287583 (representante Y9401096K)

9.5.2024

99044

A03296985

11.3.2024

99093

PU1340492

4.4.2024

100471

122008096

26.3.2024