Mediante a Orde do 11 de setembro de 2024, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 183, do 23 de setembro, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Política Social e Igualdade.
De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e nos artigos 5 a 8 e 25 a 28 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da citada lei, esta consellería
DISPÓN:
Primeiro. Resolver a convocatoria e adxudicarlle destino á funcionaria cuxos datos se sinalan no anexo desta orde, seleccionada conforme o establecido nas bases da convocatoria realizada mediante a Orde da Consellería de Política Social e Igualdade do 11 de setembro de 2024, no posto de traballo que se indica no mesmo anexo.
Segundo. O cesamento no actual destino da funcionaria que obtivo praza producirase no prazo de tres (3) días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Se na data en que debe cesar no seu destino a funcionaria está desfrutando un período de licenza, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ao da súa incorporación.
A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo dos tres (3) días seguintes ao do cesamento, se non implica cambio de residencia; no prazo de sete (7) días hábiles, se comporta cambio de residencia, ou dun (1) mes se comporta o reingreso ao servizo activo, conforme o establecido no artigo 8 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto.
Terceiro. A xefatura de persoal do centro onde cause baixa a funcionaria, así como a daquel en que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión.
Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous (2) meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2024
Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social e Igualdade
ANEXO
Apelidos e nome: Pérez Domínguez, Iria.
NRP: ****129802 A1135.
Grupo: C1.
Corpo/escala: corpo xeral administrativo da Administración do Estado.
Denominación do posto: secretario/a de apoio.
Código: PS.C01.00.000.15770.003.
Nivel: 18.
Dependencia: Gabinete conselleiro/a.
Localidade: Santiago de Compostela.
