DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Luns, 28 de outubro de 2024 Páx. 57653

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 10 de outubro de 2024, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se notifica unha resolución da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural de cambio de titularidade, que modifica o acordo da zona de concentración parcelaria do Pereiro-As Oiras (Alfoz).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación sen que puidese efectuar, ou sendo o domicilio descoñecido, notifícase ás persoas interesadas, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, nas oficinas do Servizo de Infraestruturas Agrarias do Departamento Territorial de Lugo da Consellería do Medio Rural, sitas na rolda da Muralla, 70, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Lugo, 10 de outubro de 2024

Mª Olga Iglesias Fontal
Directora territorial de Lugo

ANEXO

Número de titular

DNI ou nome

Acto que se notifica

98, 384, 385

38486852D

Resolución