Unha vez convocado o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala auxiliar de recursos naturais e forestais, especialidade de oficial, pola Resolución do 16 de novembro de 2023 (DOG núm. 221, do 21 de novembro), modificado pola Resolución do 29 de novembro de 2023 (DOG núm. 229, do 1 de decembro), e de conformidade co establecido nas bases de dita convocatoria, esta consellería
DISPÓN:
Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala auxiliar de recursos naturais e forestais, especialidade de oficial, coa composición que se relaciona no anexo.
Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2024
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
ANEXO
Corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial
da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia,
subgrupo C2, escala auxiliar de recursos naturais e forestais,
especialidade de oficial
• Tribunal titular:
Presidencia:
– Bran Casal Pereira, persoal funcionario do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de montes.
Secretaría:
– María Isabel Noya González, persoal funcionario do corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1.
Vogais:
– Marcos Castro Pérez, persoal funcionario do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2.
– María Pilar Vega Alonso, persoal funcionario do corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica forestal.
– José Antonio Fernández Bouzas, persoal funcionario do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade bioloxía.
• Tribunal suplente:
Presidencia:
– Carlos Enrique Somoza Quintero, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.
Secretaría:
– Álvaro López Berdullas, persoal funcionario do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2.
Vogais:
– Gonzalo Perales Garat, persoal funcionario do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de montes.
– Iris Ferradás Cao, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.
– Sandra Suárez-Noguerol Calvet, persoal funcionario do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2.
