De conformidade co disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no uso da competencia atribuída a este departamento territorial, intentada a notificación dos requirimentos de documentación ditados no procedemento de revisión no último domicilio das persoas interesadas citadas no anexo sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázanse para seren notificadas dos ditos actos administrativos.
Así, no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do dito anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), poderán comparecer para teren coñecemento do contido íntegro dos referidos actos e dos seus expedientes e advírteselles que, de non o faceren, se considerará efectuada a notificación no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.
As persoas interesadas poderán comparecer, persoal ou debidamente representadas, no Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade da Coruña, Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (rúa Gregorio Hernández, nº 2-4), das 9.00 ás 14.00 horas.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no BOE.
Advírteselles que, transcorrido o prazo que se indique nos requirimentos, contado desde o día seguinte ao da súa notificación por comparecencia, sen teren presentado a documentación, continuará a tramitación dos expedientes sen prexuízo da adopción das medidas que procedan, de conformidade co disposto no artigo 43 e seguintes da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia.
A Coruña, 7 de outubro de 2024
A directora territorial da Coruña
P.S. (Artigo 35.2.1.e) do Decreto 139/2024, do 20 de maio)
María Sóñora Ferreirós
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa
ANEXO I
Procedemento BS626F
|
Nº de expediente |
DNI/NIE |
Acto administrativo |
Data do acto administrativo |
|
15041000422R |
Y7051280T |
Requirimento de documentación |
18.9.2024 |
|
15030067323R |
Z0757276Y |
Requirimento de documentación |
17.9.2024 |
|
15030055920R |
32722118H |
Requirimento de documentación |
2.9.2024 |
|
15030034323R |
Y5631427Y |
Requirimento de documentación |
5.8.2024 |
|
15030065523R |
Z0615893G |
Requirimento de documentación |
2.9.2024 |
ANEXO II
Procedemento BS618D
|
Nº de expediente |
DNI/NIE/ID |
Acto administrativo |
Data do acto administrativo |
|
15005000224E |
32801952L |
Requirimento de documentación |
8.8.2024 |
